Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 1997 pola que se anuncia a licitación de contratos de asistencias técnicas que terán por obxecto a colaboración na fiscalización de varios concellos.

A Comisión de Goberno deste Consello, en sesión celebrada o 10 de novembro do presente ano, acordou dispoñe-la apertura do procedemento de adxudicación dos contratos de asistencia técnica que se relacionan, que terán por obxecto a realización de traballos de colaboración nas fiscalizacións correspondentes ás actividades desenvolvidas por determinadas entidades locais durante o exercicio de 1994, co seguinte detalle:

1. Obxecto do contrato e tipo de licitación.

a) Traballos de colaboraciónImporte en

na auditoria do Concello de:miles de pesetas

Lalín1.500

Ribeira1.500

Ribadeo1.400

Ponteareas1.300

Valga800

b) Cada un destes traballos constituirá un lote e dará lugar a un contrato independente.

c) Prazo de execución: dous meses a partir da orde de inicio do traballo de campo, que será simultánea para tódolos contratos.

2. Procedemento e xeito de adxudicar:

a) Procedemento: aberto.

b) Xeito: concurso.

3. Garantías:

Provisional: 2% sobre o tipo de licitación fixado para cada contrato para o que se formule proposición.

4. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consello de Contas de Galicia. Secretaría xeral.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 29.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

5. Presentación de ofertas:

a) Data límite: vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Documentación que hai que presentar: segundo detalle recollido no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Consello de Contas, rúa Ramón Piñeiro, nº 29, Santiago de Compostela.

6. Apertura de ofertas.

No edificio sede do Consello de Contas, ás trece horas do décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de solicitudes.

7. Gastos do anuncio.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario, en proporción, se é o caso, ó tipo de licitación dos traballos que se lle sexan adxudicados.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 1997.

Carlos G. Otero Díaz

Conselleiro maior

8588