Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

Asistencia técnica consistente no tratamento contra a procesionaria do piñeiro (thaumatopoea pityocampa schiff) en 4.800 hectáreas de piñeirais da Comunidade Autónoma de Galicia (0736).

Empresa adxudicataria: Reboreda, S.L.

Orzamento de adxudicación: 27.984.587 ptas.

Asistencia técnica consistente nas ampliacións e modificacións das aplicacións da Subdirección Xeral de Axudas Estructurais.

Empresa adxudicataria: Seresco Asturiana, S.A.

Orzamento de adxudicación: 37.979.157 ptas.

Asistencia técnica consistente na realización dun estudio para a racionalización da recollida do sector cooperativo en Galicia con diferencias de calidades, procedencias e destinos.

Empresa adxudicataria: Cooperativas Lácteas de Galicia, S. Coop. Ltda.

Orzamento de adxudicación: 10.000.000 de ptas.

Subministración consistente na adquisición de vehículos do grupo D para a Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (XSUM-20B).

Empresa adxudicataria: Noyamóvil, S.L.

Orzamento de adxudicación: 9.820.000 ptas.

Subministración consistente na adquisición dun vehículo de servicios do grupo A e dous vehículos do grupo B, con destino á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Empresa adxudicataria: Noyamóvil, S.L.

Orzamento de adxudicación: 11.790.000 ptas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

7964