Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 51967).

De conformidade co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas aprobado por Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., con enderezo na r/ Mancebo 6, 15600 Pontedeume-A Coruña, como entidade beneficiaria, de declaración de urxente ocupación para imposición de servidumes de paso de:

-Liña eléctrica aérea a 15/20 kV, de 1.596 metros de lonxitude, con orixe na liña que une os CC.TT. de Chao da Viña e Escañoi, e final no centro de transformación que se vai construír en Vilaboi (Monfero) de 50 kVA, e ramal liña de 331 metros de lonxitude que parte do apoio número 9 da liña primeira e centro de transformación que se vai construír en Castiñeiro (Monfero), de 50 kVA, (Expte. núm. 51967).

A declaración de utilidade pública das referidas instalacións, que foi outorgada con data do 26-11-1996, leva implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da ser

vidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación desta resolución que se fará no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal El Ideal Gallego, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo ós que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formular alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto; para tal efecto estará exposta nesta delegación provincial, sección de expropiacións, no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, en horas de oficina, a solicitude e planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Infórmaselles ós propietarios que a entidade beneficiaria facilitará, por xestión directa nela ou por escrito que se reciba nesta delegación provincial, os datos para identificación dos bens que se afectan; e que de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acorde o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 9 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Número expediente: 51967.

L.M.T. ó C.T. Vilaboi.

Provincia: A Coruña.

Termo municipal: Monfero.

-Predio:

Nº: 3.

Lugar: sobre casa Suar.

Cultivo: monte alto.-Propietario:

Nome a apelidos: Roberto Veiga Varela.

Enderezo: Vvas. da Mariña, Sant. Apóstolo, 8-3ºI, 15704 N.-Afección:

Voo ml: 27.

Voo m: 432.

-Predio:

Nº: 14.

Lugar: longa.

Cultivo: labradío.

-Propietario:

Nome a apelidos: Bernardo Vidal Bouzas. Rta/ Manuel Sanjurjo Vidal.

Enderezo: Eugenio López, 8-4º Ortigueira.-Afección:

Voo ml: 50.

Voo m: 500.

L.M.T. ó C.T. Vilaboi.

-Predio:

Nº: 8.

Lugar: revolta.

Cultivo: monte alto.-Propietario:

Nome a apelidos: Amador Veiga Varela.

Enderezo: Bertón, 76, 15404 Ferrol.-Afección:

Voo ml: 54.

Voo m: 864.

-Predio:

Nº: 9.

Lugar: revolta.

Cultivo: monte alto.-Propietario:

Nome a apelidos: Roberto Veiga Varela.

Enderezo: Vvas. da Mariña, Sant. Apóstolo, 8-3ºI 15407N.-Afección:

Voo ml: 8.

Voo m: 128.

8902