Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.110

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Lalín e Pontevedra, con anexos: V-3216; XG-360, por substitución da concesión V-3216; XG-360, de igual denominación.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por Orde do 16 de outubro de 1997, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Donado Campos, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Lalín e Pontevedra, con anexos: V-3216; XG-360, por substitución da concesión: V-3216; XG-360, de igual denominación, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

I. Itinerarios e puntos de parada.

-Lalín, Espiño, Bendoiro, Prado, Taboada, Silleda, Chapa, Bandeira, Lamela, Loimil, Oca, Valboa, Pazo de Oca, Riobó, Porto, Moreira, Liñares, Os Bolos, A Estrada, Pedregal, Alto da Cruz, Portela, Capela de San Ramón, Candán, Cuntis, Ran, Troáns, Santo André, Caldas de Reis, Briallos, Porráns, Barro, Gasolineira, Cerponzóns, A Xunqueira, Praza de Abastos e Pontevedra (E.A.).

-Pontevedra (E.A.), A-9 (acceso 132), A-9 (acceso 153) e Vigo (E.A.).

-Beariz, Lebozán, A Ermida (E. N-541/OR-213), Soutelo, Vilar, Cachafeiro, Forcarei, Casetas, Portela, Codeseda, Nigoi, Tabeirós, Guimarei e A Estrada.

-Souto de Vea, Santo André de Vea e Portela.

-A Estrada, Avda. Santiago-cruzamento N-640, Instituto da Estrada, Figueiroa, Toedo, Baloira, Rollo, Souto de Vea, Pontevea, Chao do Río, Ramallosa, Cacheiras, Os Tilos (C-541), Lamas de Abade e Santiago.

-Silleda, O Marco (Siador), O Burgo (Cortegada), O Carballo (Oleiros), Freixeiro (Laro), Ponte da Veiga (Parada), Vilatuxe, Gresande e Prado.

-Vila de Cruces, Bodaño, San Pedro de Losón e Silleda.

-Vila de Cruces, Sabrexo, Merza, Pazos, Mandúa e Bandeira.

-Chapa e Liñares.

-Loimil (E. N-525/local), Dornelas, Cira, Prazo e Valboa.

-O Viso e Os Bolos.

-A Estrada, Torre, Guimarei, Somoza, Ouzande e A Estrada.

-Rollo, Sieiro, Santeles, Renda, Toedo, Matalobos e empalme N-640 (Alto da Cruz).

-Troáns, Teaño, Bragaña, Candán, Arcos e Alto da Cruz.

-Ran (empalme N-640), Lamas, Moraña (Santa Lucía), Paradibas e Santo André (empalme N-640).

-Silleda, Barro (Siador), Corrospedriños (Refoxos), A Pallota (Refoxos), Cardesín (Refoxos), Riobó (Laro), Igrexa (Parada) e Ponte da Veiga (Parada).

II. Prohibicións de tráfico.

-De e entre Soutelo e A Ermida (empalme da estrada local de Beariz-A Ermida, OR-213 coa N-541), puntos intermedios e viceversa.

-E e entre Rollo e Sieiro, puntos intermedios e viceversa.

-De e entre Bragaña e o empalme da estrada PO-220 coa estrada local a Troáns, puntos intermedios e viceversa.

-Entre os puntos intermedios existentes entre as localidades de Vila de Cruces e Silleda, e de calquera deses puntos intermedios a Vila de Cruces e Silleda, e viceversa, nas expedicións que se efectúen por San Pedro de Losón.

-De e entre Vilatuxe e Prado, puntos intermedios e viceversa, e deste tramo, excepto Prado, para Lalín, e viceversa.

-De lalín apra Vigo, e viceversa.

-De e entre Cira e Valboa, puntos intermedios e viceversa.

-Tódalas expedicións que se efectúen entre Chapa e Liñares pola N-640 efectuaranse a porta pechada, con prohibición de realizar tráfico de Chapa para Liñares, e viceversa.

-Do tramo Caldas de Reis-Pontevedra (ámbolos puntos incluídos) para Vigo, e viceversa.

-As expedicións con orixe ou destino Vigo realizaranse a porta pechada entre Pontevedra e Vigo, e viceversa.

-Do tramo Pontevedra-Caldas de Reis, incluídos ámbolos dous puntos, para Santiago, e viceversa.

-Do tramo Santiago-Souto de Vea para o tramo Souto de Vea-Cuntis (excepto Souto de Vea), e viceversa.

-Do tramo Souto de Vea-Portela (excepto Portela) para o tramo Portela-Cuntis, e viceversa.

-De e entre Souto de Vea e Portela, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións.

-Vila de Cruces-Vigo por Silleda, Valboa e A Estrada (116,2 km).

Unha expedición de ida e volta os días laborables.

-Lalín-Pontevedra por Silleda, Valboa, A Estrada, Portela e Troáns (88,5 km).

Cinco expedicións de ida e volta os días laborables. Os días lectivos unha expedición de ida e volta entre o instituto da Estrada.

-Lalín-Pontevedra por Chapa, A Estrada, Portela e Troáns (85 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-A Estrada-Pontevedra por Portela e Troáns (45,5 km).

Unha expedición de ida e volta os días laborables.

-Vila de Cruces-Bandeira por Merza (17 km).

Unha expedición de ida e volta os días laborables.

-Silleda-Vilatuxe-Prado (21,9 km).

Unha expedición de ida e volta os luns, mércores e venres laborables.

-Corrospedriños (Refoxos)-Silleda por Ponte da Veiga, Parada e O Burgo-Cortegada (17,7 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Barro (Siador)-Silleda (2,3 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-A Estrada-Troáns por Bragaña (17,3 km).

Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

-Alto da Cruz-Caldas de Reis por Arcos e Moraña (22,7 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-Beariz-Santiago de Compostela por A Estrada (69,5 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Unha expedición de volta os sábados.

-Santiago-Codeseda (37,5 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

-A Estrada-Santiago de Compostela (25,5 km).

Seis expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Tres expedicións de ida e dúas de volta os sábados laborables.

Dúas expedicións de ida e volta os domingos e festivos.

Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

-Souto de Vea-Santiago de Compostela (17 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Unha expedición máis de volta os día lectivos.

-A Estrada-A Estrada por Somoza (12 km).

Unha expedición en circuíto os mércores non festivos, feira na Estrada.

-Souto de Vea-A Estrada por Sieiro e Matalobos (17,5 km).

Unha expedición de luns a venres laborables.

-O Viso-Os Bolos-Instituto da Estrada (5,7 km).

Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

-Os Bolos-Instituto da Estrada (4,7 km).

Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

-Loimil-Instituto da Estrada por Dornelas e Cira (26,7 km).

Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

-Santiago-Pontevedra por Souto de Vea, Portela, Cuntis e Caldas de Reis (62,5 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

-Pontevea-Lamas de Abade (12,5 km).

Unha expedición de ida e volta os día lectivos.

IV. Tarifas.

Tarifa aplicable.

-Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 11,1025 pesetas.

-Tarifa usuario: 11,8796 pesetas.

-Exceso de equipaxes e encargas: 1,6653 pesetas.

Contra a citada orde, definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Adminis

trativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

8891