Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.107

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997 pola que se nomea a Mª Elena Benito Rueda, profesora titular de universidade da área de coñecemento de edafoloxía e química agrícola, do departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo (praza 26/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso de méritos, convocado por resolución desta universidade do 7 de marzo de 1997 (BOE do 28), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de edafoloxía e química agrícola do departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo, a prol de Mª Elena Benito Rueda, con documento nacional de identidade número 36.035.266, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2 do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Elena Benito Rueda, profesora titular de universidade da área de coñecemento de edafoloxía e química agrícola, do departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 21 de outubro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

8427