Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.102

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que vai resolve-lo concurso da praza 24/1996 convocada por Resolución do 9 de febreiro de 1996.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 24/1996, de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Vigo con data do 7 de marzo de 1996 (BOE do 28 de marzo) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A devandita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 20 de outubro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº praza: 24/1996.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: dereito penal.

* Comisión titular:

-Presidente: Diego Manuel Luzón Peña. Catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

-Vocal secretario: Francisco Javier de Vicente Remesal. Catedrático de universidade. Universidade de Vigo.

-Vocais:

Luis Rodríguez Ramos. Catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

José Miguel Prats Canut. Profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Luis Garrido Guzmán. Profesor titular de universidade. Universidade de Alicante.

* Comisión suplente:

-Presidente: José Cerezo Mir. Catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

-Vocal secretario: Miguel Díaz y García. Catedrático de universidade. Universidade Pública de Navarra.

-Vocais:

Enrique Orts Berenguer. Catedrático de universidade. Universidade de Valencia.

Francisco Javier Sáenz de Pipaon Mengs. Profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Silvia Valmaña Ochaita. Profesora titular de universidade. Universidade de Castela A Mancha.

8291