Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 18 de novembro de 1997 Páx. 11.101

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1997, do tribunal II-1.B designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ás categorías 31 (restaurador/a), 33 (profesor/a de danza clásica), 34 (profesor/a de baile) e 35 (pianista) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 27 de outubro de 1997 polo tribunal II-1.B designado para xulga-las probas selectivas para o acceso ás categorías 31 (restaurador/a), 33 (profesor/a de danza clásica), 34 (profesor/a de baile) e 35 (pianista) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración

Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12 de outubro), acordouse:

1º Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso ás categorías 31 (restaurador/a), 33 (profesor/a de danza clásica), e 35 (pianista) do grupo II terá lugar o día 30 de novembro de 1997, ás 11 horas, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas) de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 10.30 horas.

O primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 34 (profesor/a de baile) do grupo II terá lugar o día 3 de decembro de 1997, ás 18 horas, na sala de reunións da Consellería de Cultura e Comunicación Social, sita no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17.30 horas.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 1997.

Andrés González Murga

Presidente do tribunal

8896