Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por concurso, con procedemento aberto, da subministración dos instrumentos que se citan.

Un carrillón alto 16 barras, extensión do/la. Un carrillón soprano, extensión do/la. Un xilófono alto, Ext. do/la, 16 barras caqui. Un xilófono baixo do/la 16 barras caqui. Un xilófono soprano do/la 16 barras caqui. Un matalófono baixo do/la 16 barras metálicas. Un clarinete baixo. Unha trompa. Unha banqueta piano. Un piano de cola.

Entidade adxudicadora: concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

Prazo de entrega: trinta días.

Tipo de licitación: 2.290.299 ptas. Garantía provisional: 2%. Garantía definitiva: 4%.

Obtención de documentación e información: chamando ó Concello da Estrada, Tlf.: 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas: no rexistro xeral de 9 a 14 horas, nos vinteseis días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. De ser sábado ou inhábil, trasladaríase ó día seguinte hábil.

Documentos que hai que presentar:

Sobre 1. Coa inscrición: «Proposición económica para subministración de instrumentos musicais para o Conservatorio de Música», conterá proposta adaptada ó modelo.

Sobre 2. «Documentación para subministración de instrumentos musicais para o Conservatorio». Conterá: documento xustificativo da personalidade do licitador. Declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar, conforme os artigos 15 ó 20 da Lei 13/1995, xustificante constituí-la fianza provisional. Memoria comprensiva da calidade, características e marcas do material ofertado.

Apertura de ofertas: ás 13 horas do día seguinte hábil ó último sinalado para a presentación; de ser sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

A Estrada, 15 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

8706