Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.085

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan. (LU-E 1004/97 e cincuenta e nove máis).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 212, do luns, 3 de novembro de 1997, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 10.617, onde di: «..., as propostas de resolución dictadas nos expedientes de sanción,», debe dicir: «..., os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción,».

8773