Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 17 de novembro de 1997 Páx. 11.080

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 28 de outubro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que o Servicio de Inspección Tributaria, lle notifica a apertura de expediente sancionador ás persoas que se citan (Cortegoso Portela, Inocencia e unha máis).

Pola presente cédula, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle-lo inicio de expedientes sancionadores a aquelas persoas cos datos e último domicilio coñecido que se sinala.

O Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en aplicación do artigo 78 da Lei xeral tributaria, do 28 de decembro de 1963, modificada parcialmente pola Lei 25/1995, do 20 de xullo (BOE nº 174 do 22 de xullo), artigos 83.1º e 82.1º f), comunícalle-la apertura de expedientes sancionadores ás persoas que seguidamente se relacionan, dándolles un prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para formular alegacións e presenta-los documentos e xustificacións que consideren convenientes, ante o citado servicio. Trans

corrido este sen que se cumpra co trámite, procederase á imposición da sanción que se sinala.

Contribuínte: Cortegoso Portela, Inocencia.

Enderezo: Julián Estévez, 12-2º A, Vigo.

Contía: 100.000 ptas.

Concepto: imposto transmisións. Exercicio 1991. Expte. 18778/91.

Contribuínte: Vidal Cortegoso, Manuel.

Enderezo: Julián Estévez, 12-2º A, Vigo.

Contía: 100.000 ptas.

Concepto: imposto transmisións. Exercicio 1991. Expte. 12274/91.

Vigo, 28 de outubro de 1997.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

8465