Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 11.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 10-11-1997, o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que deben rexe-lo concurso público convocado para a adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia, exponse ó público durante o prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG para que se poidan presentar reclamacións; simultaneamente anúnciase concurso público por procedemento aberto e tramitación urxente, se ben a licitación se aplazará no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.

Obxecto: a elaboración dun Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Tipo de licitación: 3.555.555 ptas.

Duración: un ano.

Fianzas: definitiva, 4% do importe da licitación.

Exposición ó público: o prego de condicións poderase consultar na secretaría do concello de luns a venres, de 9 a 14 horas.

Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no DOG, de luns a venres, de 9 a 14 horas, no rexistro xeral do concello.

Apertura de proposicións: terá lugar ás 18 horas do día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

Don... maior de idade, veciño de..., con domicilio en..., DNI nº..., en nome propio (ou en representación de..., conforme acredito con poder suficiente) informado do concurso tramitado para adxudica-lo contrato de consultoría e asistencia para a elaboración dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, mediante procedemento aberto, comprométese á súa realización nas seguintes condicións: (lugar, data e sinatura).

Vilar de Santos, 7 de novembro de 1997.

Xosé Antón Jardón da Cal

Alcalde