Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 11.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria con data do 31 de outubro de 1997, aprobou co quórum da maioría absoluta do número legal dos seus membros, o proxecto de plan parcial do SAU número 1, promovido por Pedra do Pan, S.L., no lugar de Eirín, Caldas de Reis.

O que se fai público para a súa efectividade, en cumprimento do previsto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

Caldas de Reis, 3 de novembro de 1997.

O alcalde

Rubricado

8799