Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 11.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997 pola que se anuncia concurso para a subministración por lotes de materiais para os cursos de formación do Plan Operativo Urbano, para impartir polo Centro Municipal de Formación.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras.

b) Número de expediente: S97/117.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: materiais para os cursos de formación do Plan Operativo Urbano, para impartir polo Centro Municipal de Formación.

b) Número de unidades que hai que entregar: ver cada un dos cadros de características de cada un dos contratos.

c) División por lotes e número: si.

d) Lugar de entrega: véxase punto 1.

e) Prazo de entrega: fixarano os licitadores na súa oferta, sen que en ningún caso poida ser superior a 15 días.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: ver epígrafe 2 do cadro de características de cada un dos contratos, que inclúe o IVE.

5. Garantía provisional: ver epígrafe 3 do cadro de características de cada un dos contratos.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

1ª Entidade: véxase punto 1.

2ª Enderezo: véxase punto 6 b.

3ª Localidade e código postal: véxase punto 6 c.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a subministración por lotes de materiais para os cursos de formación do Plan Operativo Urbano, para impartir polo Centro Municipal de Formación».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de outubro de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

8776