Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 11.018

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997, do tribunal III-1F, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 16, especialista de oficio, do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 3 de novembro de 1997 polo tribunal III-1F, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 16, especialista de oficio, do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 12 de decembro de 1996), acordouse:

Primeiro.-Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 16, especialista de oficio, do grupo III, terá lugar o día 20 de novembro de 1997, ás 10.30 horas, na Escola Galega de Administración Pública (seminario B) sita na rúa de Madrid 2,4 (polígono das Fontiñas) de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 10 horas.

Segundo.-Os aspirantes deberán comparecer provistos do documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1997.

José Antonio Fraga Calza

Presidente do tribunal

97-8543