Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 14 de novembro de 1997 Páx. 10.993

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 314/1997, do 13 de novembro, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe oficial do presidente en funcións da Xunta de Galicia a Estrasburgo (Francia), é necesario prove-la súa substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente en funcións da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Estrasburgo (Francia), encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día catorce de novembro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, trece de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente en funcións

97-8875