Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.985

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía-Delegada para a Área de Urbanismo con data do 29 de outubro de 1997 dictou resolución do seguinte tenor:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa redactado polos servicios municipais para a execución de Plan Especial de Ordenación, Protección, Conservación e Mellora da Península da Torre.

2. Optar para execución do citado proxecto polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo dun mes, mediante a inserción dos correspondentes anuncios na prensa e diarios oficiais, durante o cal os interesados poderán consultalo nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello de A Coruña, de luns a venres en horario de 12 a 13.30 horas, e presentar cantas alegacións consideren pertinentes en relación coa titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo ós posibles interesados que a consulta do expediente poderá facerse nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo de luns a venres desde as 12 ata as 13.30 horas.

Alcaldía da cidade da Coruña, 5 de novembro de 1997.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde

8781