Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por poxa, das obras que se citan. (RC-PO-97.39 e dúas máis).

a) Obras.

1. Parque de maquinaria e almacén en Cunchadas. O Rosal.

Clave: RC-PO-97.39.

Orzamento: catorce millóns novecentas noventa e nove mil cincocentas cincuenta e catro (14.999.554) pesetas.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría c.

Garantía provisional: non se precisa.

2. Instalacións semafóricas en cruzamentos novos e reparacións dos existentes na estrada de Moaña a Vigo. Concello de Moaña.

Clave: RC-PO-97.40.

Orzamento: dezaseis millóns seiscentas trinta e unha mil trescentas trinta e nove (16.631.339) pesetas.

Prazo de execución: tres meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría c.

Garantía provisional: non se precisa.

3. Renovación de servicios na avenida de Doutor Ulloa. Seixo. 1ª treito. Concello de Marín.

Clave: RC-PO-97.41.

Orzamento: trinta millóns (30.000.000) de pesetas.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Garantía provisional: non se precisa.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, sita na rúa alcalde Hevia, s/n. Teléfono: (986) 80 56 42.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional que se indica no apartado a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 36.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia s/n, ou enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións, que será pública, realizarase no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia, s/n, ás 10 horas do sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 5 de novembro de 1997.

José M. Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

7475