Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de outubro de 1997 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado Virgen del Carmen da Coruña.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Virgen del Carmen da Coruña, en solicitude de cesamento de actividades no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 1 de agosto de 1974, a autorización definitiva para dúas unidades de preescolar-párvulos e por Orde do 26 de agosto de 1974, autorización definitiva para 8 unidades de educación xeral básica.

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, xuntando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da Inspección de Educación.

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto, esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña.

Código do centro: 15004721.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: El Montino.

Denominación: Virgen del Carmen.

Titular: PP Carmelitas.

Autorización do cesamento de actividades do centro.

8439