Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 12 de novembro de 1997 Páx. 10.866

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 282/1997, do 1 de outubro, polo que se crea a Medalla e Placa ó Mérito Sanitario da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no texto do dito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia, nº 198, do 14 de outubro de 1997, cómpre efectua-las oportunas correccións:

No anexo de prescricións técnicas, na páxina 9.934, no parágrafo referido á miniatura de gala, onde di: «Nas súas tres categorías; ouro, prata e bronce, será unha reproducción da medalla con anverso, cinta colgante e enganche de suxeición. O diámetro será de 10 mm.», debe dicir: «Nas súas tres categorías; ouro, prata e bronce, será unha reproducción da medalla con anverso, cinta colgante e enganche de suxeición. O diámetro será de 17 mm.».

No anexo de prescricións técnicas, na páxina 9.934, no parágrafo referido á miniatura de ollal de lapela, onde di: «Nas súas tres categorías; ouro, prata e bronce, serán unha reproducción da medalla con anverso e enganche de suxeición. O diámetro será de 10 mm.», debe dicir: «Nas súas tres categorías; ouro, prata e bronce, serán unha reproducción da medalla con anverso e enganche de suxeición. O diámetro será de 17 mm.».

8708