Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adquisición dun mamógrafo para o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama. (C-567/97).

I. Obxecto e orzamento: subministración dun mamógrafo para o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, por un importe máximo de 7.500.000 ptas. (IVE incluído).

II. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

III. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no apartado 9 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

IV. Prazo de execución: ver apartado 2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

V. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

VI. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

VII. Admisión de variantes: non se admiten.

VIII. Criterios de adxudicación: ver apartado 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

IX. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte

ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

XI. Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XII. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

8594