Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 1997, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o estudio informativo e o estudio de efectos ambientais da obra: variante de Marín, C-550, tramo: Marín. (Clave N/PO/91.10).

Sometido a información pública o estudio informativo e o estudio de efectos ambientais da obra variante de Marín, C-550, tramo: Marín (clave N/PO/91.10), e advertido que este non se remitiu ó Concello de Pontevedra, sométese de novo ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoas afectadas no mencionado concello e que o consideren oportuno, poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado estudio informativo se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, e no Concello de Pontevedra.

Así mesmo sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais contido no estudio informativo durante o período de quince días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento a declaración de efectos ambientais de Galicia; estará a exposición ó público para este efecto na Comisión Provincial de Medio Ambiente de Pontevedra e no mencionado concello.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 1997.

Guillermo Grandío Chao

Subdirector xeral de Estradas

8318