Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.803

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 4 de novembro de 1997 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da do 13 de xaneiro de 1997 pola que se regula a concesión de axudas para mellora-la eficiencia e a infraestructura enerxética de Galicia.

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 13 de xaneiro de 1997 pola que se regula a concesión de subvencións para mellora-la eficiencia e a infraestructura enerxética de Galicia (DOG nº 15, do 23 de xaneiro de 1997).

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento da axuda a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do día 15 de novembro de 1997.

Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motiva un dilatado proceso de

avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes, considerase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 13 de xaneiro de 1997 ata o 30 de novembro de 1997.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

8376