Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.802

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de outubro de 1997 pola que se autoriza a implantación do segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria en determinados centros.

O Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo, que modifica o Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establece no

punto 10 do artigo único que as administracións educativas poderán dispoñe-la implantación da educación secundaria obrigatoria nun número determinado de centros, con anterioridade ós prazos previstos no mencionado real decreto.

Esta consellería, de conformidade co punto 10 do artigo único do Real decreto 1487/1994, do 1 de xullo, co Decreto 78/1993, do 25 de febreiro (DOG do 2 de abril), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e coa Orde do 25 de abril de 1994 (DOG do 18 de maio) sobre avaliación na devandita etapa, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la implantación do segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria, a partir do curso académico 1997/98, nos seguintes centros:

-Provincia: Lugo.

1. IES de Xove. (Código 270XOV01).

-Provincia: Ourense.

2. Centro privado: Guillelme Brown. O Pereiro de Aguiar. (Código 32016194).

-Provincia: Pontevedra.

3. Centro privado: La Merced. Cambados. (Código 36000569).

Segundo.-Autorízase a Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

8385