Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 1997 Páx. 10.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno do Concello, con data do 26-9-1997, a modificación puntual da norma, no ámbito do S.A.U.R 6-A Choupana, promovida polo propio concello e que ten como finalidade a redelimitación do solo apto para urbanizar S.A.U.R. 6 axustándoa á realidade física da parcela denominada Choupana, sométese á información pública, por un período dun mes, para efectos de reclamacións, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio, no DOG, de conformidade co estipulado polo artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Cangas, 14 de outubro de 1997.

Euloxio López Gutiérrez

Alcalde