Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 1997 Páx. 10.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do procedemento sancionador de conservación de espacios naturais e da flora e fauna silvestres 97/008.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no

anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28-3-1989), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que nos esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 22 de outubro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

Procedemento sancionador: EN 97/008.

Denunciado: Fraga Rey, Manuel.

Último enderezo coñecido: rúa Fernández Varela, 28-3º B, A Pobra de Caramiñal, A Coruña.

Feitos denunciados: estaciona-lo seu vehículo en zona prohibida, bloqueando un acceso para maquinaria agrícola para as leiras, no interior de zona de circulación prohibida.

Lei 4/1989 de CEN. Tipificación infracción:

Artigo infrinxido: 38.13º.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 15.000 ptas.

8551