Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 10/1997, polo procedemento aberto, con trámite urxente, para a prestación integral do servicio de alimentación, no seu centro de Pontevedra.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111, do 6 de xuño ), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca a seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: prestación do servicio integral de alimentación no Hospital Provincial de Pontevedra.

Orzamento: 156.492.472 ptas. (cento cincuenta e seis millóns catrocentas noventa e dúas mil catrocentas setenta e dúas pesetas.

Prazo de execución: duración do contrato.

Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público, trámite urxente nº 10/1997.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos da Administración pública.

Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 19 da Ley 13/1995 de contratos da Administración pública.

Fianza provisional: a contía da fianza provisional (por valor do 2% do orzamento total do contrato) é de tres millóns cento vintenove mil oitocentas corenta e nove pesetas (3.129.849 ptas.)

Clasificación esixida:

Grupo III, subgrupo 8, categoría D.

Criterios de adxudicación:

Nº orde: 1.

Criterio de adxudicación: calidade técnica.

Ponderación: 60%.

Nº orde: 2.

Criterio de adxudicación: prezo ofertado.

Ponderación: 40%.

Documentación de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tfno. (986) 86 23 63 e fax (986) 84 79 41).

Presentación de proposicións:

Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviarse por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de o devandito día coincidir en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario/s do contrato.

Pontevedra, 21 de outubro de 1997.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario

Provincial-Rebullón de Pontevedra

8452