Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 9 de outubro de 1997 pola que aproba o cambio de dominio mortis-causa da batea Mariposa.

Visto o expediente incoado por Carmen Agra Piñeiro, no que solicita o cambio de dominio mortis-causa da batea de cultivo de mexillón denominada Mariposa, outorgado pola orde ministerial do 24-7-1973, situada na cuadrícula nº 91, do polígono G de Cambados, rematando a concesión o 23-8-2003, e da que era titular Emilio-Salvador Agra Fernández.

Tendo en conta o informe do Servicio Técnico-Xurídico e de conformidade co sinalado no artigo 59.3 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e 10.1 do Decreto 406/1996, e considerando que ó expediente figuran unidos o certificado de defunción, a certificación do Rexistro de derradeiras vontades, o testamento e a escritura particional da herdanza debidamente liquidada de impostos, esta consellería accedeu ó solicitado, declarando titulares da concesión administrativa e do viveiro do que se trata, nas mesmas condicións cás expresamente consignadas na orde ministerial de outorgamento a favor de Carmen Agra Piñeiro.

A nova titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores, e quedan obrigados a observa-las disposicións en vigor sobre este particular.

Vigo, 9 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

8208