Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de outubro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Paz II.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Paz.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 20, Cambados D.

Data da concesión: 25-5-1966.

Data do remate da última prórroga: 30-6-2006.

Anterior concesionario: Allo Barros, Mª Carmen (35.381.541) e Ramos Allo, Estrella-Mari (35.425.769).

Novos titulares da concesión: Ramos Allo, Estrella-Mari (35.425.769) e Ramos Allo, Juan-Luis (35.457.585).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 8 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

8210