Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 1/97).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Protección Medio Ambiental, S.L. (P.M.A.), con enderezo en Lendo, Laracha, para a autorización administrativa dunha instalación eléctrica, para situar nas instalacións que a dita empresa ten en Lendo, Laracha, coas seguintes características:

-Unha central de coxeración cunha potencia eléctrica total xerada de 7.350 kW, composta de dous grupos motor-xerador das seguintes características:

-Dous motores de combustión interna alternativos, accionados por refugallos pretratados, de 3.675 kW de potencia cada un.

-Dous xeradores síncronos trifásicos de 4.600 kVA cada un, tensión de xeración 6 kV.

-Un transformador elevador de 9,2 MVA, R.D.T. 6/15-20 kV.

-Instalación de interconexión coas liñas eléctricas da compañía eléctrica distribuidora e auxiliares de media tensión para a propia factoría e instalacións complementarias de aproveitamento e calor.

O que se fai público para que todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, poidan

presenta-las súas alegacións, no prazo de trinta días, ante esta Dirección Xeral de Industria, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

8468