Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.742

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 20 de outubro de 1997, da Delegación Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as liquidacións dictadas polas oficinas liquidadoras de Cambados, Redondela e Vilagarcía de Arousa relativas ós contribuíntes que se citan (Petrogalicia, S.L. e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse por medio desta publicación as liquidacións relativas ós conceptos tributarios e contribuíntes dos que se indican datos e último domicilio coñecido, xa que a notificación polos medios habituais non puido practicarse.

Os acordos de liquidación foron dictados polo titular da oficina liquidadora correspondente, de acordo coas normas reguladoras de cada tributo. A comprobación da valoración realizouse de acordo co regulado no artigo 52 da Lei xeral tributaria (Lei 230/1963 do 28 de decembro).

Prazos para efectura-lo ingreso.

Artigo 20 do Regulamento xeral de recadación aprobado polo Real decreto 1684/90 do 20 de decembro.

-Os notificados entre os días 1 e 15 de cada mes: desde a data desta publicación ata o día 5 do mes seguinte ou día hábil inmediato posterior.

-Os notificados entre os días 16 e último de cada mes: desde a data desta publicación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

As débedas non ingresadas en período voluntario faranse efectivas por vía de constrinximento.

Modo de ingreso.

1. Na oficina liquidadora de Cambados, rúa Orense, 3; na oficina liquidadora de Redondela, rúa Castro San Pedro, 3 portal 1, 1 C o na oficina liquidadora de Vilagarcía de Arousa, rúa Alcalde Rey Daviña, 3, 1º B, segundo corresponda, en metálico ou cheque conformado.

Recursos.

-Recurso de reposición no prazo de 15 días ante o órgano que practicou a liquidación ou reclamación económico-administrativa no prazo de 15 días perante do Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia (secretaría delegada de Pontevedra, praza de Ourense, 2, Pontevedra), ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte ó do recibo desta notificación, sen que poidan simultanearse.

A interposición do recurso ou da reclamación non suspende a obriga de efectua-lo ingreso, salvo o establecido no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro.

Taxación pericial contradictoria.

Ademais, no mesmo prazo e en corrección do resultado da comprobación de valores, poderá promove-la práctica da taxación pericial contradictoria, o que determinará a suspensión da liquidación e dos prazos de reclamación contra ela. A taxación solicitarase ante a oficina liquidadora correspondente.

Pontevedra, 20 de outubro de 1997.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

NºExpt/anoImpostoOfic. LiqContribuínteDNIEnderezoBase impoñibleIngresar

1176/96Trans, A.X.DRedondelaPardo Lazara, Mónica36117934Simon Bolivar, 6-4 A. Vigo

Caracas, 5-5 B. Vigo

1577430211484

683/96Trans, A.X.DRedondelaCastro Ríos Francisco Miguel36075961Riofrío, 48. Chapela. Redondela68667644814

1032/95Trans, A.X.DRedondelaConstrucciones Inmogal S.L.B36708758Pontevedra, 4. Vigo3380592010

535/95Trans, A.X.DRedondelaPosto Rural S.A.A36691590Campo das Pozas, 13. Mos250000014428

1521/96Trans, A.X.DRedondelaEstacionamientos RedondelaA36782696Honduras, 9-6 b. Vigo2483758401247493

1521/96Trans, A.X.DRedondelaEstacionamientos RedondelaA36782696Honduras,9-6 b. Vigo2483758401247493

425/95Trans, A.X.DCambadosPascuale Imperato579794

(pasaporte)

Alferez Provisional, 8-4 A. Pontevedra99300068486

13/95Trans, A.X.DVilagarcía de ArousaOcaña Novoa, Roberto35417119Barbeitos, 11. Rubians. Vilagarcía de Arousa56471038805

592/97Trans, A.X.DVilagarcia de ArousaSánchez Souto Luisa35361130Avda. López Ballesteros,16-5. Vilagarcía de Arousa122771037

603/97Trans, A.X.DVilagarcia de ArousaPetrogalicia, S.L.B15429871Galiano, 8. Ferrol66125039675

8130