Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.738

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, do tribunal III-1D designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 65. Oficial 1ª cociña; oficial 1ª cociñeiro/a; xefe/a de cociña 2ª; cociñeiro/a 1ª do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 27 de outubro de 1997 polo tribunal designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 65. Oficial 1ª cociña; oficial 1ª cociñeiro/a; xefe/a de cociña 2ª; cociñeiro/a 1ª do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, 12 de decembro), acordouse:

1. Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 65. Oficial 1ª cociña; oficial 1ª cociñeiro/a; xefe/a de cociña 2ª; cociñeiro/a 1ª do grupo III terá lugar o día 14 de novembro de 1997 ás 18.30 horas no instituto de ensino secundario Compostela (Escola Oficial de Hostelería), sito en Lamas de Abade, s/n, de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comenzará ás 18.30 horas.

2. Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.

Xavier Mª Lope-Toledo Manzano

Presidente do tribunal

8528