Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso nº 1/1756/1997 interposto por José Luis Oubiña Tourís contra a Resolución do 24 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo), pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de prazas pertencentes a determinadas categorías de persoal estatutario de atención primaria do Servicio Galego de Saúde. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento ás que se lles empraza para que poidan comparecer e constituírse en partes nos autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1997.
Valeriano Martínez García
Director xeral de Recursos Humanos
8223