Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.736

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/1693/97, interposto pola Confederación Intersindical Galega.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso nº 1/1693/97 interposto pola Confederación Intersindical Galega contra a Resolución do 11 de xuño de 1997 (DOG nº 116, do 18 de xuño), pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan, para o acto de elección de destino, os aspirantes que superaron o concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario deste organismo. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento ás que se lles empraza para que poidan comparecer e constituírse en parte nos autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos do Sergas

8221