Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso publico para a contratación do arrendamento dun equipo de resonancia magnética nuclear (RMN) e outro de tomografía axial computarizada (TAC) por este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 57/1997).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG 6 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36. Fax: (981) 53 12 55.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: arrendamento.

3. a) Lugar de entrega: Servicio de Radioloxía do Hospital de Conxo.

b) Natureza e cantidade dos equipos que se van arrendar:

Importe total: 332.700.000 ptas., IVE incluído.

-Lote 1: arrendamento dun equipo de resonancia magnética nuclear:

Importe: 205.500.000 ptas., IVE incluído.

Duración: 5 anos.

-Lote 2: arrendamento dun equipo de tomografía axial computarizada.

Importe: 127.200.000 de ptas., IVE incluído.

Duración: 5 anos.

c) Licitación: a licitación versará sobre a totalidade do concurso ou sobre cada un dos lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: ata o 31 de decembro de 1997.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 2 de decembro de 1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o que figura no punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: na sala de xuntas do Hospital de Conxo a partir das 10 horas do día 13 de decembro de 1997.

8. Garantías esixidas.

-Provisional: 2% do orzamento de licitación do lote/s ós que se presenta oferta.

-Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nas cláusulas 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións publicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase mensualmente, na forma establecida na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo provedor: as condicións que se establecen na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo no que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares:

-Características técnicas do equipo: ata 70 puntos.

-Prezo do equipo: ata 15 puntos.

-Prezo e características do canon de mantemento.

Implantación de equipos e do servicio técnico.

Prestación actual do servicio posvenda: ata 15 puntos.

14. Variantes: pódense presentar variantes ou alternativas ó obxecto do contrato, respectando as condicións mínimas contidas nas prescricións técnicas e o orzamento máximo autorizado (total ou parciais por lotes).

15. Información complementaria: calquera outra información solicitaráselle ó servicio que figura no punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa: 5 de xullo de 1997.

17. Data de envío do anuncio: 27 de outubro de 1997.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1997.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral

8436