Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 05 de novembro de 1997 Páx. 10.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual do catálogo de edificacións e elementos do termo municipal (cidade e rural) que hai que conservar.

O Pleno da Corporación, en sesión do 25-9-1997, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual do Catálogo de edificacións e elementos que hai que conservar do termo municipal (cidade e rural), formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística, referente ó Colexio do Sagrado Corazón de Praceres, muro-acueducto do Rañadoiro en Pontesampaio e execución de aproveitamentos baixo cuberta nos edificios catalogados, aceptando a alegación formulada na fase de información pública do expediente pola directora do Colexio do Sagrado Corazón de Praceres respecto ó mantemento da tella plana na cuberta do edificio e ocupación da ala dereita do edificio a unha distancia mínima da zona cata

logada con nivel de protección A, xustificacións que pasan a ser, por conseguinte, recollidas no proxecto de modificación puntual.

Segundo.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia, con comunicación ás entidades interesadas, Consellería de Cultura e Comunicación Social e traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados, dispoñendo a publicación das normas e ordenanzas da modificación no BOP para logra-la súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

O que se fai público para a súa executividade, e sinálase que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se coide procedente.

Pontevedra, 1 de outubro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

7326