Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 05 de novembro de 1997 Páx. 10.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 27/1997, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación do servicio de telefonía pública nos edificios deste complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación do servicio de telefonía pública nos edificios do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense.

Canon mínimo anual: 260.000 ptas. (10.000 ptas. por equipo instalado).

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público nº 27/1997, tramitado con carácter urxente.

Prazo de execución: 2 meses para as obras de instalación e 4 anos para a súa explotación contados desde o remate da instalación.

Admisión de variantes: admítense variantes, sempre que se cumpra o establecido no prego de prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: para acreditar segundo o disposto no artigo 16, apartado c) da LCAP.

Solvencia técnica: para acreditar segundo o disposto no artigo 19, apartados b) e c) da LCAP.

Fianza provisional: 130.000 ptas.

Fianza definitiva: unha anualidade do canon.

Criterios de adxudicación: prezo tarifas telefónicas: 5 puntos; experiencia no sector: 3 puntos; reducción prazo obras instalación: 2 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados na unidade de contratación do complexo hospitalario, rúa Ramón Puga nº 52 (edificio de administración, planta baixa) de Ourense, en días laborables, agás sábados, das 9 ás 13 horas.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o día hábil seguinte.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 55 50 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á dirección de xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 20 de outubro de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

8418