Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 05 de novembro de 1997 Páx. 10.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1997, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración sucesiva de alimentos cárnicos e derivados para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 99/97).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG

6-6-1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, Hospital de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 05 36. Fax: (981) 53 12 55.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega: cociñas do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Natureza e cantidade dos productos que hai que subministrar: alimentos cárnicos e derivados por importe de 39.177.102 ptas., IVE incluído.

Duración: seis meses.

c) Licitación: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade ou a un ou máis lotes por separado.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo as necesidades do complexo hospitalario a petición do Servicio de Hostelería.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

6. a) Data límite de recepción de ofertas: 18 de decembro de 1997.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o que figura no punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que se deberán redacta-las ofertas: castelán e/ou galego.

7. a) Se é o caso, persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: na sala de xuntas do Hospital de Conxo a partir das 10 horas do día 29 de decembro de 1997.

8. Garantías esixidas.

-Provisional: 2% do orzamento de licitación do lote/s ós que se presenta oferta.

-Definitiva: 4% do orzamento máximo autorizado.

Constituiranse segundo o disposto nas cláusulas 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións publicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase en función das entregas do material, segundo establece o apartado 11 da folla de especificacións.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24

da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo provedor: as condicións que se establecen na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo no que o licitador estará abrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen no apartado 10 da folla de especificacións.

14. Variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto da subministración e o prezo unitario máximo, melloren as esixencias técnicas previas, ...

15. Información complementaria: calquera outra información solicitaráselle ó servicio que figura no punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa publicación:

17. Data de envío do anuncio: 27 de outubro de 1997.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1997.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela

8172