Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 05 de novembro de 1997 Páx. 10.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/89-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Concello de Dozón.

Enderezo social: non consta, 36581 Dozón.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. estación bombeo augas.

Situación: Dozón.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea, a 20 kV, desde o apoio 5 da L.M.T. ó C.T. Edreira, ata o apoio 16 da liña proxectada desde onde se converte en soterrada, ata o C.T. existente de depuradora, e desde o apoio 8 da liña proxectada ó C.T. que se proxecta en estación de bombeo, concello de Dozón, sendo o tramo aéreo de 2.176 km de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 0,07 km o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V na estación de bombeo. R.B.T. aérea, de 0,03 kM de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 10 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8144