Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 04 de novembro de 1997 Páx. 10.664

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO ROSAL

ANUNCIO.

Declarada a urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa por Decreto 296/1997, do 9 de outubro, DOG número 204, do 22 de outubro de 1997, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, da obra de pavimentación da rúa Couso e outras, esta alcaldía, resolve declara-lo día que de seguido se menciona desde as 9.30 horas, para proceder nesta Casa do Concello, sita na Praza do Calvario do Rosal, ó levantamento das actas previas da ocupación sen prexuízo de trasladarse ó terreo se así se solicita expresamente.

Ademais, e de conformidade co establecido no artigo 52.2º da vixente LEF, e paralelamente á inserción do presente edicto no taboleiro de anuncios do concello, no BOP, na prensa provincial e no DOG, o sinalamento seralles notificado por cédula ós interesados que poderán asistir ó acto asistidos do perito e notario pola súa conta, así como formular alegacións para o único efecto de emenda-los posibles erros dos que puidese adoece-la relación de afectados, mediante escrito dirixido a esta alcaldía ou ben no momento do levantamento da acta correspondente, achegando o título de propiedade.

Día 17 de novembro de 1997.

Relación de afectados.

Propietario. Enderezo. Número de predio. Superficie m.

1. Amalia Núñez Novás, viúva de Nicolás Rodríguez López.

R/ Polígono, 1, a Relba-Torneiros, O Porriño.

Predio nº 1.

Superficie: 27,37 m.

2. Elisa Treinta (titor Luis Ferreiro Iglesias).

Pancenteno.

Predio nº 2.

Superficie: 578,06 m.

3. Eduardo Lomba Domínguez.

R/ Couso, nº 12, O Rosal.

Predio nº 7.

Superficie: 493,32 m

4. Orfilia Dorado Martínez.

R/ Casal, nº 1, O Rosal.

Predio nº 10.

Superficie: 235,58 m.

O Rosal, 28 de outubro de 1997.

José Luis Lorenzo Alonso

Alcalde Acctal.