Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 04 de novembro de 1997 Páx. 10.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1997 pola que se anuncia concurso público, con procedemento aberto, para o contrato privado dun seguro de vida e accidentes para o persoal ó servicio do Valedor do Pobo.

En cumprimento do disposto na Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme ó modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei e publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte, anuncio para a adxudicación, por concurso público e procedemento aberto, do contrato privado de seguro de vida e accidentes do persoal ó servicio do Valedor do Pobo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Valedor do Pobo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicios administrativos.

c) Número de expediente: 1/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adxudicación, por concurso público e procedemento aberto, do contrato privado de seguro de vida e accidentes do persoal ó servicio do Valedor do Pobo.

b) División por lotes e número: único.

c) Lugar de execución: Valedor do Pobo.

d) Prazo de duración: un ano prorrogable ata un máximo de cinco.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 1.800.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2%.

Definitiva: 4%.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Valedor do Pobo (BOPG nº 702, do 15 de outubro de 1997).

b) Domicilio: r/ Hórreo, 65.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15700.

d) Teléfono: (981) 57 19 00.

e) Telefax: (981) 57 23 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Estarán facultadas para contratar coa Administración as persoas xurídicas, españolas ou estranxeiras, que tendo plena capacidade de obrar non se atopen comprendidas nalgunha das circunstancias sinaladas no artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós 26 días naturais seguintes ó da publicación no DOG do anuncio de licitación.

b) Documentación que hai que presentar: a citada nos pregos de cláusulas administrativas particulares (BOPG 702, do 15 de outubro de 1997).

c) Lugar de presentación: Rexistro do Valedor do Pobo.

1ª Entidade: Valedor do Pobo.

2ª Domicilio: r/ Hórreo, 65.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15700.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes (concurso): non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Valedor do Pobo.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 65.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións. No BOPG nº 702, do 15 de outubro de 1997, e nos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas depositados na oficina do Valedor do Pobo.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1997.

José Cora Rodríguez

Valedor do Pobo

8090