Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 04 de novembro de 1997 Páx. 10.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de outubro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Moaña número 1.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Moaña nº 1.

Cultivo: mexillón.

Localización: Cangas «F» cuadrícula 29.

Data da concesión: 29-9-1967.

Data do remate da última prórroga: 12-10-2007.

Anterior concesionario: Mariscos Antepazo, S.L.

Novos titulares da concesión: Mariscos Rivas Mar, S.L.

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 2 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

8216