Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 04 de novembro de 1997 Páx. 10.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico Bustelo I.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 10 de xullo de 1997, e por proposta da Consellería de Industria e Comercio, declarouse o Plan Eólico de Galicia como plan sectorial de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Conforme o procedemento establecido e dando cumprimento ó disposto no artigo 25.3º da citada Lei 10/1995, someto a información pública o proxecto sectorial do parque eólico Bustelo I.

Toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente poderá examina-lo citado proxecto e presenta-las alegacións que se consideren oportunas no prazo dun mes, contado desde a publicación da presente resolución no DOG, nesta dele

gación provincial sita en rúa Pascual Veiga, 12-14, Lugo 27071, ou mediante calquera das formas e lugares recollidos no artigo 38 da lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 20 de outubro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8401