Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 04 de novembro de 1997 Páx. 10.639

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1997 pola que se inscribe a Asociación Internacional de Amigos del Camino de Santiago Alfonso II El Casto no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago,

presentada pola Asociación Internacional de Amigos del Camino de Santiago Alfonso II El Casto, con data do 11 de setembro de 1997.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Internacional de Amigos del Camino de Santiago Alfonso II El Casto quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 076.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

8280