Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Luns, 03 de novembro de 1997 Páx. 10.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1997 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a concesión da instalación de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos na Domus.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: C97/4.

2. Obxecto do contrato: concesión da instalación de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos na Domus.

Prazo de duración: un ano prorrogable ata cinco.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento: non se fixa.

5. Garantía provisional: 10.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego e cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a concesión da instalación de máquinas expendedoras de bebidas e alimentos na Domus».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 16 de outubro de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

8362