Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 1997 Páx. 10.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos que se citan. (LU-E 448/97 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ós cales non se lles puido face-la notificación por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicas, o seu número cítase a seguir:

Nome e apelidosDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta

Tropicana Lugo C.B.E27.122.126LU-E 448/9726-e) L.O. 1/1992r/ Tui 11 baixo, LugoAta 50.000 ptas.
Tropicana Lugo C.B.E27.122.126LU-E 681/9726-e) L.O. 1/1992r/ Tui 11 baixo, LugoAta 50.000 ptas.
Tropicana Lugo C.B.E27.122.126LU-E 787/9723-l) L.O. 1/1992r/ Tui 11 baixo, LugoAta 5.000.000 ptas.

Desígnase instructor do expediente ó xefe do Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior, Rafael López Charques, e secretaria á xefa de Negociado Inés Docando Casanova, poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/92 (BOE 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993 (BOE 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Lugo, 8 de setembro de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

7401