Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 1997 Páx. 10.591

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual, pola que se anuncia contratación por concurso público, sistema aberto, da subministración e instalación de oito postes de información.

Orzamento da subministración: 6.900.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: un mes, desde a sinatura do contrato.

Fianza provisional: 138.000 pesetas.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 7.1.1 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica, a establecida na cláusula 7.1.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 7.1.3 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social a partir das 12 horas do quinto día natural seguinte o do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais

documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Medios de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 43 14.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do concurso.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 24-6-1996)

José María Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

7941