Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.545

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

-Subministración consistente na adquisición de diverso material informático con destino ós servicios centrais e dependencias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia: 15 ordenadores persoais, 5 impresoras láser de 4 PPMM, 1 impresora inxección color A3/A4 e 1 escáner color A4.

Empresa adxudicataria: Sermática, S.A.

Orzamento de adxudicación: 5.000.000 de ptas.

-Subministración consistente na adquisición de diverso material informático con destino ós servicios centrais e periféricos da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural (07150).

Empresa adxudicataria: Sermática, S.A.

Orzamento de adxudicación: 8.600.000 ptas.

-Subministración consistente na adquisición de material informático para o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo-Abegondo (A Coruña) (IAS-405).

Empresa adxudicataria: Coremain, S.L.

Orzamento de adxudicación: 6.500.000 ptas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

7695