Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Ponte internacional sobre o río Miño en Arbo.

Adxudicatario: Copasa.

Orzamento: 218.500.000 ptas.

Acondicionamento e reafirmado de Castelo ó Portillón do Castro, fase I. Pontevedra.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones S.A.

Orzamento: 13.888.000 ptas.

Acondicionamento de plataforma na PO-F travesía de Sanxenxo.

Adxudicatario: José Malvar Construcciones S.A.

Orzamento: 14.992.000 ptas.

Acondicionamento de plataforma na PO-313 Marín-Moaña do p.k. 1+250 ó 16.

Adxudicatario: Ovisa.

Orzamento: 123.300.000 ptas.

Acondicionamento de plataforma na PO-340 Gondomar-A Ramallosa p.k. 18+960/23+360 Gondomar. Concellos de Gondomar e Nigrán.

Adxudicatario: Covsa.

Orzamento: 33.724.000 ptas.

Acondicionamento de plataforma C-550 Baiona-Oia p.k. 146+490/164+700 concellos de Baiona-Oia.

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 206.908.975 ptas.

Acondicionamento da plataforma na PO-212 A Fraga-Rodeiro do p.k. 7,000 ó 16,600 Concello de Rodeiro.

Adxudicatario: Corsan Empresa Constructora S.A.

Orzamento: 43.894.608 ptas.

Conservación de estradas na zona 2 provincia de Pontevedra.

Adxudicatario: Grupisa.

Orzamento: 37.623.553 ptas.

Conservación de estradas na zona 3 provincia de Pontevedra.

Adxudicatario: Señalizaciones del Noroeste S.L.

Orzamento: 28.635.551 ptas.

Conservación de estradas zona 4 provincia de Pontevedra.

Adxudicatario: Señalizaciones del Noroeste S.L.

Orzamento: 32.516.201 ptas.

Conservación de estradas zona 1 provincia de Pontevedra.

Adxudicatario: Probisa.

Orzamento: 51.804.541 ptas.

Acondicionamento de plataforma ramal á Illa de Arousa p.k. 0+000 ó 4+560 A Illa de Arousa/Vilanova de Arousa.

Adxudicatario: Construcciones Carro S.L.

Orzamento: 29.130.000 ptas.

Acondicionamento de plataforma e reforzo de firme da AC-421 camiño de Ponte Ulla a Pontevea.

Adxudicatario: Antonio Fernández Gerpe.

Orzamento: 43.000.000 de ptas.

Pavimentación, limpeza de foxos e sinalización C-641 Lugo a Ferrol por Vilalba á Coruña.

Adxudicatario: Ramón Cortizo Lois.

Orzamento: 58.400.436 ptas.

Acondicionamento e reforzo de firme AC-422 camiño de Pontevea a Padrón p.k. 66+515/68+850 e 73+505/76+325.

Adxudicatario: Construcciones Leonardo Miguélez S.L.

Orzamento: 18.500.000 ptas.

Mellora do firme na C-543 de Santiago de Compostela a Noia p.k. 0+000/21+500 e 25+000/34+130 Santiago de Compostela-Noia.

Adxudicatario: Ecoasfalt S.A.

Orzamento: 37.370.000 ptas.

Recargo e tratamentos asfálticos nos p.k. 49+800/53+700 e 54+800/60+950 C-545 Santiago de Compostela-Baio.

Adxudicatario: Construcciones Cernadas S.L.

Orzamento: 34.500.000 ptas.

Acondicionamento de plataforma Betanzos-Santo Isidro AC-161 ramal de N-VI a Bergondo.

Adxudicatario: Francisco Gomez y Cía S.L.

Orzamento: 37.422.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte

ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

8018