Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 30 de outubro de 1997 Páx. 10.533

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de setembro de 1997 pola que se convocan probas selectivas para ingreso na escala de xestión desta universidade polo sistema de promoción interna.

Advertidos erros na antedita convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia o 7 de outubro de 1997, e visto o artigo 105.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede face-las correccións que se indican:

Nos puntos 1.6; 3.1 parágrafo 2 e anexo I punto 2.2, onde di: «Nivel de complemento de destino correspondente ó posto de traballo que se desempeñe na data da publicación da convocatoria», debe dicir: «Nivel de complemento de destino correspondente ó posto de traballo que se desempeña con carácter definitivo na data de publicación da convocatoria».

Anexo I punto 1, onde di: «Os/as aspirantes poderán utiliza-lo material de apoio que consideren conveniente», debe dicir: «Os/as aspirantes poderán utiliza-los textos legais non comentados».

8252