Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 10/1997, por procedemento aberto, as obras de instalacións para redes de abastecemento e evacuación de augas no Campus de Oza. (Expediente 3041/1997).

Convócase a concurso público, por procedemento aberto, polo trámite de urxencia, as obras de redes de abastecemento e evacuación de augas no Campus de Oza.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obras concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita en rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: corenta e un millóns novecentas sesenta e oito mil novecentas trinta pesetas (41.968.930 ptas.).

Garantía provisional: oitocentas trinta e nove mil trescentas setenta e nove pesetas (839.379 ptas.).

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e. Grupo I, subgrupo 1, categoría e.

Prazo de execución: 3 meses.

A Coruña, 21 de outubro de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

8240